Vixencia da inscrición

A inscrición dunha entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais ten eficacia limitada ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e realízase por tempo indefinido en tanto se acredite anualmente o mantemento das actividades de servizos sociais que a motivaron, mediante a presentación da memoria de actividades do ano anterior.