Cales son os servizos de prevención e promoción?

Os servizos de prevención e promoción da autonomía persoal defínense coma o conxunto de intervencións que teñen por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias, e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible. Defínese un servizo común a todas as persoas dependentes, así como un específico para persoas dependentes con Alzhéimer ou outras demencias. As persoas destinatarias deste servizo son as persoas en situación ou risco de dependencia, independentemente da súa idade agás no caso  do servizo de atención temperá, o cal dirixirase exclusivamente a nenos/as de entre 0 e 6 anos.

Para consultar o glosario de servizos de prevención e promoción da autonomía persoal prema aquí