Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais

O Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais ten por obxectivo fundamental elaborar e ter a disposición do público, un censo actualizado das entidades prestadoras de servizos sociais e dos centros e programas autorizados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais configúrase ademais, como un instrumento público básico para o coñecemento, o control, a planificación, a ordenación e a publicación do Sistema Galego de Servizos Sociais. Oper en soporte informático, e está adscrito e xestionado pola Consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de servizos sociais (acceso ao  rexistro: https://benestar.xunta.es/XiacWeb/).

As entidades inscritas no rexistro disponen dun acceso ao rexistro por medios telemáticos, co fin de que periodicamente actualicen os datos inscritos.

Os cidadáns, pola súa banda, poderán acceder para a realización de consultas de carácter informativo sobre a localización e as características dos recursos existentes e a extracción de listados.