Servizos, centros e programas de servizos sociais

- Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia (DOG nº245, do 18 de decembro), modificada pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e pola Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. (DOG nº 134, do 13 de xullo).
- Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade (DOG nº241, do 17 de decembro). Sigue vixente o parágrafo primeiro do punto 1 do artigo 40 e no punto 1 do artigo 44 da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 41, do 29 de febreiro).
- Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 203, do 21 de outubro).
- Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro,autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia(DOG nº 14, do 20 de xaneiro de 2012).

Servizos de dependencia e de promoción da autonomía persoal

- Decreto 149/2013, do 5 de setembro , polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo (DOG nº182, do 24 de setembro).

Normativa especifica segundo tipoloxía de centros

Normativa especifica sobre os requisitos que deben cumprir cada tipoloxía de centros de servizos sociais:

Maiores
- Orde do 18 de abril de 1996, pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores (DOG nº 88, do 6 de maio).
- Orde do 20 de xullo de 2010 pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996, relativa á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores. (DOG nº 145 do 30 de xullo).
- Orde do 13 de abril de 2007 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996 que regula os requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores. (DOG nº 80, do 25 de abril)
- Decreto 19/2008 do 7 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Centros de Día de Atención Social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. (DOG nº 36 do 20 de febreiro).
- Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de día e as unidades de atención social para persoas que padecen alzheimer e outras demencias.(DOG nº 138  do17 de xullo).
- Disposicion  transitoria 6 da Orde de 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, de 4 de febreiro (estadias nocturnas).

Infancia e menores
- Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOG nº 156, do 16 de agosto).
- En relación co disposto no artigo 27.2 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, sobre as titulacións para prestar servizos como persoal de atención e de apoio en escolas infantís, así como no artigo 28 do dito Decreto para o persoal dos puntos de atención á infancia, haberá que estar ao establecido no artigo 8.1 do Real Decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria (BOE nº62, do 12 de marzo) así como no artigo 2.1 e 2 do Real Decreto 476/2013, do 21 de xuño, polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os Mestres dos centros privados de Educación Infantil e de Educación Primaria (BOE nº 167, do 13 de xullo).
- Asemade, polo que atinxe ás titulacións habilitantes para prestar servizos como persoal de apoio en escolas infantís e persoal de atención en puntos de atención á infancia hai que ter en conta que a referencia dos artigos 27.2.b2) e 28.2.a) do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia á titulación de Técnico en atención sociosanitaria debe entenderse realizada á titulación de Técnico en atención a persoas en situación de dependencia, consonte o disposto no artigo 1.2 e na Disposición Derogatoria Única do Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de Técnico en atención a persoas en situación de depencia (BOE nº301, do 15 de decembro).
- Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 121, do 23 de xuño).
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134, do 13 de xullo).
- Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería (DOG nº17, do 25 de xaneiro), modificado polo Decreto 91/2014, do 17 de xullo (DOG nº140, do 24 de xullo)
- Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís.(6)
- Decreto 354/2003, do 16 de setembro, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos (DOG nº 187, do 26 de setembro).
- Orde do 1 de agosto de 1996, pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de Réxime Interno e o Proxecto Educativo dos centros de atención a menores. (DOG nº 168, do 28 de agosto de 1996).

Igualdade
- Orde do 1 de abril de 1997 pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollida para mulleres vítimas de malos tratos. (DOG nº 96, do 21 de maio de 1997).

Familia
- Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia (DOG nº145, do 1 de agosto).
- Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro (DOG nº222, do 14 de novembro). O título III do Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro foi derogado pola Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Discapacidade
- Orde do 18 de agosto de 2000 pola que se aproba o Estatuto básico de centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 177, do 12 de setembro de 2000).
- Disposicion  transitoria 6 da Orde de 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, de 4 de febreiro (estadias nocturnas).
- Orde do 13 de xullo de 2012, pola que se aproba a Guía de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 141, do 24 de xullo de 2012). (acceso á guía)

Inclusión social
- Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social. (DOG nº 33, do 15 de febreiro de 2008).
- Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia

Servizos comunitarios
- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63, do 30 de marzo de 2012), modificado polo Decreto 148/2014, do 6 de novembro (DOG nº228, do 27 de novembro).
- Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG Nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

Entidades Colaboradoras de Adopción Internacional
- Orde do 21 de marzo de 2012, pola que se establece o modelo oficial de contrato de intermediación en adopción internacional para a Comunidade Autónoma de Galicia.