Preguntas frecuentes

Como se obtén a clave para acceder ao Rexistro Único de Entidades de Servizos Sociais( RUEPSS)?

Unicamente poderán acceder a parte privada do RUEPSS aquelas entidades que dispoñan dun número de identificación por estar inscritas no Rexistro.

A contrasinal se comunica coa resolución na que se acorda a inscrición da entidade. Non obstante, se extraviou a clave ou a esqueceu pode solicitar unha nova contrasinal, remitindo un correo electrónico ao seguinte enderezo ctb.incidencias.benestar@xunta.es.
Co fin de garantir a seguridade do sistema de acceso ao Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) cómpre validar a seguinte información:

  • NÚMERO DE REXISTRO DA ENTIDADE
  • NOME DA ENTIDADE
  • CIF DA ENTIDADE
  • NOME E APELIDOS DO REPRESENTANTE LEGAL
  • NIF/NIE DO REPRESENTANTE LEGAL

Se precisa obter claves independentes para os centros ou programas autorizados que dependen da entidade, poderá solicitala remitindo a solicitude, asinada polo/a representante da entidade, facendo constar o nome dos centros ou programas para os que se solicita acceso con clave propia ao seguinte enderezo:

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais.
Consellería de Política Social
Edif.admvo San Caetano s/n. CP 15781
Santiago de Compostela

Ou ben no correo electrónico: ctb.incidencias.benestar@xunta.es.

As memoria anuais de actividades. Cal é o contido recomendable das memorias anuais de actividades? Cómo incorporar a memoria ao RUEPSS?

Todas as entidades inscritas deben acreditar no primeiro trimestre do ano o mantemento das súas actividades mediante a presentación no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da memoria de actividades do ano anterior.

A presentación da memoria de actividades pode realizarse directamente polas entidades mediante a incorporación do arquivo ao RUEPSS (prema neste enlace para descargarse as instrucións para a carga do arquivo da memoria no RUEPSS)
Unha vez incorporada ao RUEPSS a memoria anual, é un documento accesible ao público polo que  poderá consultarse por todos/as os/as cidadáns.
A falta de acreditación da memoria durante dous anos conse­cutivos, presuporá que a entidade non esta a desenvolver as actividades que xustificaron a súa inscrición e implicará a cancelación de oficio da inscrición da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

A memoria de actividades dunha entidade prestadora de servizos sociais compendia o conxunto de actividades realizadas pola entidade, incluíndo todas aquelas realizadas en execución de servizos, programas ou como resultado da xestión de centros,  adscritos a área de servizos sociais

A memoria de actividades, é un documento de acceso público e debe resumir co carácter simple e claro as actividades e filosofía da entidade. A estes efectos lémbrase que non debe conter datos de carácter persoal , nin imaxes que podan conculcar o dereito á intimidade do persoal da entidade ou das persoas usuarias.

Considérase recomendable facer  unha descrición detallada de:

  • o obxectivos anuais da entidade, a súa misión e principios de actuación
  • as actividades realizadas durante o ano inmediatamente anterior para acadalos
  • a avaliación dos resultados obtidos.

Ademais, recomendase facer constar, en aras da transparencia na xestión, en especial naquelas entidades clasificadas como de inciativa social:

  • un balance de gastos e ingresos obtidos e as fontes de onde proveñen, as subvencións percibidas, a súa orixe, contía e destino, ..
  • o número de socios/as, de colaboradores/as
  • o numero de persoas usuarias dos servizos ou actividades que realice
  • o numero de empregados directa e indirectamente
  • as accións de formación realizadas

Onde podo atopar a normativa relacionada coa creación e funcionamento dos centros de servizos sociais?.

Os Servizos Sociais están regulados con carácter xeral na Lei 13/2008 de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia. Esta regulación se complementa en materia de familia coa Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Non obstante a regulación dos diferentes centros, programas e servizos dispón dunha regulación especifica en función da area de intervención.

Se desexa acceder a normativa dos centros e programas sometidos a autorización previa, de conformidade co disposto no Decreto 254/2011 de 23 de decembro, polo que regula o réxime de rexistro,autorización, acreditación e a inspección de servizos sociais en Galicia, prema aquí.

Cales son so pasos a seguir para autorizar un centro/programa de servizos sociais?.

No caso de que desexe poñer en marcha un centro ou un programa de servizos sociais  poderá  iniciar as actividades, sen necesidade de autorización previa, agás no caso de que se trate de dalgún dos seguintes equipamentos:

  • escolas infantís (ou servizos complementarios destas, atención diúrna/nocturna ou servizo de comedor), puntos de atención a infancia, ludotecas ou espazos infantís
  • centros de menores
  • puntos de encontro familiar (PEF)
  • centros para mulleres en situación de violencia de xénero
  • centros de atención diúrna ou residencial a persoas maiores ou con discapacidade
  • centros de inclusión
  • servizo de axuda no fogar (SAF)
  • servizo de teleasistencia

Nestes casos a entidade titular deberá solicitar a autorización administrativa previa.

Os pasos e os tempos para a súa tramitación son esquematicamente os  seguintes:

esquema dos procedementos de rexistro e autorización

Como podo coñecer o estado de tramitación dun expediente de rexistro ou de autorización iniciado?

O seguimento do expediente pódese realizar contactando mediante correo electrónico co enderezo inspeccion.ssociais@xunta.es identificando o número de procedemento do que se trate e o NIF do solicitante . Non obstante de faltar documentación, realizarase un requirimento por escrito que se notificará con acuse de  recibo, outorgándolle un prazo para a subsanación, antes de arquivalo de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992.

En que consiste o informe de viabilidade técnica e como podo solicitalo?

Trátase da posibilidade que se ofrece ás entidades que conten cun anteproxecto técnico (ou simplemente un plano de planta a escala, onde se defina a distribución dos usos e os espazos) para a creación dun centro de servizos sociais, de obter un informe previo emitido polo servizo de Proxecto e Obras da Consellería sobre o cumprimento da normativa vixente que lle sexa aplicable de acordo coa súa tipoloxía.

O ditame terá carácter informativo e non vinculante e realizarase en función dos datos facilitados. Se desexa solicitalo deberá remitir a seguinte documentación

Cal é a titulación que deben ter as persoas que dirixan ou coordinen centros ou programas de servizos sociais?

Con carácter xeral non se require titulación ningunha, non obstante a normativa específica de cada un dos servizos pode establecer algunha especialidade.

Así, a normativa que regula os centros de atención á infancia esixe que a dirección pedagóxica das escolas infantís recaia nalgún dos membros do persoal coa titulación de licenciado/ a ou mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente.

Pola súa parte orde pola que se regula o servizo de axuda no fogar establece que o servizo estará coordinado por persoal técnico cunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais.

Se desexa accede á normativa específica que regula cada un dos servizos prema aquí.

Existen axudas para crear centros de servizos sociais?.

Actualmente non existe una liña de axudas específica para a creación de servizos socias, senón que anualmente se realizan convocatorias de subvencións para as entidades sen ánimo de lucro de cara a cofinanciar os investimentos en novos equipamentos sociais.

 Para as entidades de iniciativa privada con ánimo de lucro existen outra axudas de carácter xeral, por tratarse de novas iniciativas empresarias (IGAPE), porque o equipamento se atope nunha zona  rural susceptible de desenvolvemento de conformidade cos criterios fixados pola Unión Europea , etc.. (AGADER)

Vou a poñer en funcionamento un centro de servizos sociais. Onde podo atopar modelos para elaborar as normas de funcionamento, o contrato de prestación de servizos, o libro de reclamacións...?

Pode atopar modelos orientativos sobra as mencións mínimas que deben conter estes documentos premendo aquí. Non obstante é importante ter en conta que o establecido nestes documentos debe adaptarse ao 100% ao servizo concreto do que se trate, de aí que sexa moi importante que a entidade titular participe e se responsabilice da elaboración e o contido final dos documentos

Cales son as pólizas de seguro obrigatorias e a contía mínima que debo contratar se vou a comezar a actividade?

Se o centro pecha no período de  vacacións debo solicitar autorización para o peche?

Teño dubidas sobre determinados requirimentos arquitectónicos, onde podo dirixirme?

A Consellería de Política Social conta cun Servizo de Proxectos e Obras especializado no asesoramento e supervisión de equipamentos de servizos sociais. Pode contactar co persoal técnico no seguinte contacto telefónico: 981.54.72.43

Onde poden presentar unha reclamación por unha mala actuación no centro ou por unha mala xestión do programa ou servizo?

De conformidade  cos apdos. h) e i) do artigo 6 do Decreto 254/de 23 de decembro polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de servizos sociais en Galicia, as entidades prestadoras de servizos sociais deben:
h) Dispoñer en cada instalación aberta ao público dun libro de reclamacións a disposi­ción das persoas usuarias, dos seus familiares, representantes legais ou titores e/ou dun procedemento que garanta a xestión das queixas e das suxestións presentadas.
i) Remitir á inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia unha copia das reclama­cións presentadas, no prazo máximo de tres días hábiles, xunto cun informe xustificativo dos antecedentes e das actuacións realizadas para a súa xestión.

No referente ao libro de reclamacións recoméndase que estea composto por follas cosidas, numeradas correlativamente e en triplo exemplar autocopiativo. A continuación reprodúcese o modelo de folla de reclamacións, na que debe constar claramente identificado o numero de inscrición e a denominación da entidade titular do centro/programa ou servizo de que se trate.

Despois de que un/ha usuario/a presentara una reclamación no antedito libro, debe entregarse una das copias ao/á reclamante como xustificante da presentación da queixa . O escrito orixinal quedara no libro de reclamacións e outra copia xunto cun informe xustificativo do acontecido e as medidas adoptadas pola entidade, remitirase
Subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais
Secretaria xeral técnica. Consellería de Política Social
Edif.admvo de  San Caetano s/n. CP:15781
Santiago de Compostela
Tamén poderanse achegará unidade administrativa mediante  fax ou correo electrónico.
Non obstante, as persoas usuarias poderán remitir directamente queixas e reclamacións á unidade de inspección de servizos sociais co fin de que as avalíe e, cando proceda, realice as actuacións oportunas.

Tanto no primeiro caso como neste último, do resultado das actuacións realizadas darase conta á persoa interesada nun prazo máximo de 15 días.

Existen normas para a admisión dun/ha usuario/a nos centros de servizos sociais?

As condicións de acceso aos servizos, centros e programas de servizos sociais, varían en función da tipoloxía do centros ou servizo do que se trate.Normalmente as condicións e forma de acceso aos servizos recóllense nas normas de funcionamento que deben ter todos os recursos que contan con autorización administrativa para o funcionamento, polo que deberá solicitar a entrega dun exemplar directamente ao centro ou servizo no que estea interesado/a.

 Ademais si se trata de centros con prazas públicas no procedemento de concesión de praza intervén a administración autonómica.

Pode obter máis información dirixíndose ás xefaturas territoriais da Consellería:

A CORUÑA
Salvador de Madariaga 9-1º (Centro comercial Elviña)
C.P.:15781 CORUÑA (A). A CORUÑA
Telefono: 981.185.700 Fax: 981.185.981

LUGO
Ronda da Muralla, 70
C.P.:27071 LUGO. LUGO
Telefono: 982.294.363 / 982.294.344 Fax: 982.294.359

OURENSE
Avenida da Habana, 79
C.P.:32004 OURENSE. OURENSE
Telefono: 988.386.223 / 988.386.224 Fax: 988.386.838

PONTEVEDRA
Concepción Arenal, 8 - 2º
C.P.:36201 VIGO. PONTEVEDRA
Telefono: 986.817.202 / 986.817.204 Fax: 986.817.634

 

Como podo coñecer os centros autorizados pola Consellería nunha area xeográfica concreta? Como podo extraer un listado?

O Rexistro Único de Entidades prestadoras de Servizos Sociais, conta cunha aplicación esta dispoñible na paxina web da Consellería (https://benestar.xunta.es/XiacWeb/) e na que se contén toda a información referida aos centros e programas autorizados.

Os datos que se recollen están actualizados en tempo real.

Pode realizar buscas de recursos sociais por area xeográfica por tipoloxía de centros ou incluso pode filtrar aqueles que dispoñen de prazas públicas.

Unha vez realizada a busca pode extraer os listados premendo na opción extraer listado a Excel.

Como podo saber se un centro dispón de plazas públicas?

O Rexistro Único de Entidades prestadoras de Servizos Sociais, conta cunha aplicación esta dispoñible na paxina web da Consellería (https://benestar.xunta.es/XiacWeb/) e na que se contén toda a información referida aos centros e programas autorizados.
Os datos que se recollen están actualizados en tempo real.

Pode realizar buscas de recursos sociais por area xeográfica por tipoloxía de centros ou incluso pode filtrar aqueles que dispoñen de prazas públicas.