Obrigas das entidades prestadoras de servizos sociais
As entidades prestadoras de servizos sociais, inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, están obrigadas a:
a) Manter actualizados permanentemente os datos que obren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b) Acreditar no primeiro trimestre do ano o mantemento das súas actividades mediante a presentación no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da memoria de actividades do ano anterior.
Unha vez incorporada, a memoria anual poderá consultarse por todos/as os/as cidadáns.
(Guía de redacción da memoria anual de actividades
Guía de publicación da memoria anual de actividades)
A falta de acreditación da memoria durante dous anos consecutivos, determinará a cancelación de oficio da inscrición da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais,
c) Facilitar á Administración autonómica toda a información que solicite no exercicio das súas competencias.
d) Estar suxeitas ás potestades inspectora e sancionadora da consellería con competencias en materia de servizos sociais.
e) Someter ao réxime de autorización regulado neste decreto, os centros, programas e/ou servizos da súa titularidade, de conformidade coa normativa autonómica que os define e regula.
f) Informar previamente ás persoas usuarias, de xeito claro e comprensible, sobre o réxime dos servizos que prestan, as súas condicións, os prezos ou tarifas que se van cobrar, cando procedan, e a forma de pagamento.
g) Velar polo bo estado xeral e de conservación dos equipamentos e instalacións onde se presten servizos e dispensar ás persoas usuarias un trato correcto e non discriminatorio.
h) Dispoñer en cada instalación aberta ao público dun libro de reclamacións (recomendase que estea composto por follas cosidas, numeradas correlativamente e en triple exemplar autocopiativo) a disposición das persoas usuarias, dos seus familiares, representantes legais ou titores e/ou dun procedemento que garanta a xestión das queixas e das suxestións presentadas.
i) Remitir á inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia unha copia das reclamacións presentadas, no prazo máximo de tres días hábiles, xunto cun informe xustificativo (prema se dexesa obter un modelo de informe) dos antecedentes e das actuacións realizadas para a súa xestión.