Autorización de Modificación substancial

As modificacións substanciais dun centro ou programa requirirán a obtención da autorización administrativa con carácter previo á súa realización.

Considéranse modificacións substanciais dun centro ou programa:

  1. Os cambios producidos no proxecto técnico da obra, unha vez obtida a autorización de creación ou construción do centro.
  2. Aqueles cambios na estrutura do centro ou do programa que xa se atopa en funcionamento, sempre que impliquen algunha das seguintes circunstancias:

    1. Supoñan unha alteración funcional ou cambio de usos nas instalacións autorizadas.
    2. Supoñan unha ampliación das prazas ou unha ampliación ou redución das unidades autorizadas
    3. Supoñan o traslado da instalación de referencia do programa autorizado a outra situación.

Os traslados de centros autorizados a unha instalación diferente requirirán, en todo caso, unha nova autorización de creación e de inicio de actividade.

En todo caso, as entidades deberán comunicarllá subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, con carácter previo á súa realización, todas aquelas reformas, obras e melloras, ou alteracións significativas, que teñan previsto efectuar nas instalacións autorizadas, co fin de que poidan ser cualificadas ou non, no prazo máximo dun mes, como modificacións substanciais.

De non cualificarse as reformas, obras, melloras ou alteracións significativas como unha modificación substancial, comunicaraselle á persoa titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa a posibilidade da súa realización sen necesidade de autorización previa.

Nestes casos deberase ter en conta a posibilidade de compatibilizar o desenvolvemento das obras ou reformas co mantemento do servizo. De non ser así, deberá solicitarse o cesamento temporal total ou parcialmente dalgunhas das actividades e/ou servizos que se prestan.

¿CÓMO SOLICITALA?

O procedemento para a obtención da autorización de modificación substancial dun centro ou programa iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa da correspondente  solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, acompañada da seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa do cambio solicitado, xustificación da súa finalidade e descrición detallada das alteracións estruturais, materiais ou funcionais, que se propoñen sobre os servizos autorizados, así como o prazo previsto para a execución das obras.
  2. Cando proceda, remitirase a documentación técnica (en soporte papel e informático) necesaria para a emisión, con carácter previo á súa execución, do informe técnico que asegure a adecuación do proxecto á normativa específica.
  3. Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de modificación substancial de centros ou programas de servizos sociais esixidas na normativa vixente.
  4. No caso de que se trate de centros ou programas promovidos por concellos, mancomunidades ou deputacións provinciais, tamén deberán achegar:
    - Plan de viabilidade económica, con informe favorable da persoa que exerza a intervención da entidade local, no que se garantice a sostenibilidade financieira das novas actividades económicas, respetando en todo caso o principio de eficiencia e o resto dos requirimentos da lexislación de estabilidade presupuestaria e sostenibilidade financieira.

Cando na tramitación do procedemento requirírase a emisión dun informe técnico sobre o proxecto de obra a realizar, para a comprobación do cumprimento dos requisitos esixidos na normativa sectorial que resulte de aplicación ao centro ou programa do que se trate, e unha vez que se conte cun ditame favorable, notificarase á entidade solicitante e ao Concello no que este se localice.

No caso de que a modificación determinara a imposibilidade da continuación dos servizos que presta, a entidade solicitará, antes do inicio da súa execución, a autorización para o cesamento temporal das súas actividades, xa sexa total ou parcialmente.

Unha vez rematada a obra remitirase o certificado de fin de obra ou unha declaración responsable asinada polo/a titular ou representante legal da entidade, sobre a súa finalización, xunto coa documentación que fose necesario actualizar en relación coa autorización inicial.

Agrupación de nenos/as e redistribución de unidades temporal en escolas infantís 0-3