Planificación das inspeccións

A actividade inspectora organízase de conformidade coas directrices e coas prioridades acordadas no plan anual de inspección aprobado polo/a titular da Consellería competente en materia de servizos sociais.

O plan de inspección fixará os obxectivos anuais da unidade en relación cos servizos existentes no momento no que se elabore. Ademais recollerá os datos referidos ao ano anterior e avaliará o grao de cumprimento da planificación realizada.