Ámbito

Están suxeitos á inspección de servizos sociais todas as entidades que desenvolvan servizos sociais no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

A función inspectora desenvolverase de oficio polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da consellería da  Xunta de Galicia, ben por iniciativa propia ou a instancia doutros órganos u organismos da Xunta de Galicia ou doutras administracións públicas, ou con motivo das queixas ou informacións obtidas directamente das persoas usuarias ou da cidadanía en xeral, debidamente fundadas.

PERSOAL INSPECTOR
O persoal inspector, no exercicio das súas funcións, ten a condición de autoridade pública e actúa con plena independencia, obxectividade e imparcialidade de conformidade cos principios de especialización de funcións e profesionalidade.

O persoal inspector dependerá funcionalmente do órgano con competencia en materia de autorización e inspección de servizos Sociais. Non obstante, poderá recibir o apoio doutro persoal técnico especializado nas áreas de actuación nas que desenvolva as súas funcións.