Inscrición

Normativa reguladora

¿QUEN PODE SOLICITALA?
As entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que sexan titulares de centros, que desenvolvan programas ou realicen actividades propias dos servizos sociais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

¿CANDO DEBE SOLICITALA?
A inscrición pode solicitarse en calquera momento, mesmo con carácter previo ao inicio das súas actividades. Unha vez que se conceda una autorización para ou a creación/construción dun centro ou para o inicio de actividades dun centro ou programa a inscrición da entidade e dos centros ou programas que se autoricen realizarase de oficio.

¿COMO SOLICITALA?
O procedemento para a inscrición dunha entidade prestadora de servizos sociais iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da correspondente solicitude de inscrición normalizada ante a subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, acompañada da seguinte documentación:

a) A acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e/ou da súa representación, ou o consentimento expreso para a súa comprobación por medios telemático (cumprimente a casilla correspondente da solicitude normalizada).

autorizo

b) O proxecto específico de servizos sociais a desenvolver pola entidade incluidos no marco dos obxectivos do artigo 3 e 18 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, as persoas destinatarias do mesmo, o/s enderezo/s das instalacións nas que realizará/n a/s actividade/s e a cartera de servizos que vai desenvolver.

c) A denominación da entidade e do/s centro/s ou programa/s dos que sexa titular ( lémbrase que a denominación elixida non poderá coincidir con outras que xa estean inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, polo que recomendase realizar una busca no aplicativo polo nome elixido, para determinar a posible concurrencia coa denomición doutras entidades, centros ou programas xa inscritos).

d) No caso de que se trate dunha persoa xurídica xuntarase ademáis,
- a copia da acta ou acordo de constitución da entidade e dos seus estatutos,
- o seu número de identificación fiscal (CIF definitivo)
- o documento acreditativo da composición do órgano de goberno
- o certificado da inscrición da entidade no rexistro oficial correspondente á súa natureza.
(Lembre que non poderán inscribirse aquelas entidades que non gocen de personalidade xurídica de conformidade co disposto na normativa vixente)

e) De pretender a clasificación da entidade como entidade de iniciativa social, o/a representante legal da entidade certificará que se cumpren os requisito recollidos nos apartados 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 42/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. (BOE núm. 307 Martes 24 decembro):(pinche aquí se desexa acceder ao modelo de certificacion)

Os datos recollidos no rexistro deben ser completos, veraces e responder fielmente á realidade.

(A incorporación de datos inexactos ou falsos constituirá unha infracción administrativa de conformidade co apartado a) do artigo 80 e os apartados k), l), n) do artigo 81 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia).

¿QUE DATOS DA ENTIDADE PODEN CONSTAR NO REXISTRO?

O rexistro é un instrumento para a publicidade por elo  ten un carácter dinámico e incluindo todos aqueles datos que poden ser relevantes para a planificacion dos servizos sociais e que poden servir ao mellor coñecemento dos recursos sociais existentes  pola ciudadanía
A modo de exemplo podemos mencionar: datos de localización e contacto das entidades que desenvolven servizos sociais no ámbito territorial galego, datos de localización dos seus puntos de atención ou delegacións, carteira de servizos e persoal en cada un deles, memoria de actividades dos últimos anos, cuota asociativa, número global de usuarios, declaración oficiais outorgadas á entidade, centros e programas autorizados, instalación e localización xeografica de cada un deles etc..

¿QUE EFECTOS TEN?
Mediante a inscrición neste rexistro a entidade obten o recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais no ámbito territorial de Galicia e a súa clasificación como entidade de iniciativa social, cando corresponda. Ademais establecerase ás áreas estratéxicas ou preferentes de actuación de conformidad eco disposto no seus estatutos e/ou de conformidade coa memoria de actividades que realiza ou pretende realizar.
A  inscrición configurase como unha condición previa para acceder ao financiamento público (subvencións, contratación públicas, sinatura de convenios de colaboración etc…).

PRAZOS
-Prazo de resolución da solicitude: 3 meses
-Sentido do silencio: negativo. Unha vez transcurrido este prazo, sen que se resolva expresamente a solicitude, esta entenderase desestimada.