Autorización de inicio de actividades

A apertura ou posta en funcionamento dun centro ou dun programa estará condicionada á   obtención da correspondente autorización de inicio de actividades.

¿QUEN DEBE SOLICITALA?
Todas as entidades públicas ou privadas que vaian poñer en funcionamento un centro ou un programa de servizos sociais.

¿CANDO DEBE SOLICITALA?
Solicitarase con carácter previo ao inicio de actividades do programa ou do centro e para a tramitación desta autorización será indispensable que as obras e instalacións estean totalmente rematadas e debidamente equipadas.
No caso de centros que non conten coa previa autorización para a creación/construción do centro, achegarase neste procedemento toda a documentación necesaria para a súa tramitación co fin de resolver conxuntamente as dúas autorizacións.

FINALIDADE
A autorización de inicio de actividade ten por finalidade comprobar que os centros ou programas que se van poñer en funcionamento dispoñen dos medios materiais, persoais e funcionais específicos para o correcto desenvolvemento dos servizos sociais que se pretenden prestar.

¿CÓMO SOLICITALA?
O procedemento para a obtención da autorización de inicio de actividades dun centro ou programa iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa da correspondente solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, acompañada da seguinte documentación:

  1. Copia da documentación, en virtude da cal, se acredite o dereito polo cal se dispón do inmoble do centro ou da instalación de referencia do programa.
  2. Proxectos de pólizas de seguros a suscribir (seguro de responsabilidade civil pola explotación do centro ou programa e seguro de danos por sinistros do edificio no que se desenvolve o servizo)
  3. Proxecto de normas de funcionamento e, no seu caso, modelo de contrato a asinar coas persoas usuarias, e réxime de prezos ou tarifas.
  4. Relación de persoal facendo constar o número de efectivos, a súa dedicación ao servizo, a súa relación laboral ou contractual coa entidade titular e as súas titulacións.
    A especialización profesional do persoal deberá axustarse á tipoloxía do servizo social de que se trate.  Así mesmo, achegaranse os datos persoais e de titulación da persoa responsable da dirección ou da coordinación do servizo.
  5. Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular no que acredite:

    1. A efectiva finalización das obras necesarias para o acondicionamento do inmoble
    2. A disposición do equipamento necesario para a posta en funcionamento da actividade
    3. A disposición das autorizacións e licenzas preceptivas sobre o inmoble e sobre a actividade a desenvolver, sobre os equipos e instalacións das que se dispón ou ben a acreditación de telas solicitadas.
    4. Compromiso de subscribir as pólizas de seguros esixibles, de conformidade cos proxectos de pólizas presentados, a partir do momento no que inicie a actividade.
    5. Compromiso de implantación das medidas de emerxencia e/ou autoprotección esixibles en función da tipoloxía e número de prazas do centro.
  6. Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de inicio de actividades de centros ou programas de servizos sociais esixidas na normativa vixente.
  7. No caso de que se trate de centros ou programas promovidos por concellos, mancomunidades ou deputacións provinciais, tamén deberán achegar:
    -Plan de viabilidade económica, con informe favorable da persoa que exerza a intervención da entidade local, no que se garantice a sostenibilidade financieira das novas actividades económicas, respetando en todo caso o principio de eficiencia e o resto dos requirimentos da lexislación de estabilidade presupuestaria e sostenibilidade financieira.
  8. Toda aqueloutra documentación esixida pola normativa específica que lle resulte de aplicación ao centro, programa ou servizo concreto.