Servizos complementarios de atención á infancia
Os servizos complementarios de atención á infancia defínense como aquelas prestacións dirixidas á atención e coidado (garda e custodia) dos/das nenos/as de entre 0-12 anos, que teñen como finalidade dar apoio ás familias no coidado dos/das nenos/as. Estes servizos teñen como soporte algún dos centros regulados nesta norma, tendo carácter de actividade complementaria á principal que aqueles desenvolvan.
a) SERVICIO DIURNO: servizo de atención e coidado non continuado dirixido a nenos/as de entre 0-8 anos e prestado nas escolas infantís 0-3 en horario diúrno, é dicir, o comprendido entre a súa hora de apertura e a de peche, sendo esta última sempre anterior ás 21 horas.
Documentación a presentar
- Modelo normalizado de solicitude.
- Memoria explicativa onde se determine o número de prazas que se solicita, idades dos nenos/as aos que se prestará o servizo, horario do servizo, unidade na que se realizará a prestación, servizos a prestar, acreditando ter un espazo diferenciado cando se atenda a nenos/as de 0-3 anos (estes deben estar nunha unidade que cumpra os requisitos en relacion á zona de descanso e de hixiene).
- O regulamento de réxime interno do centro deberá recoller a prestación deste servizo. Indicando as súas características (número de prazas, idades dos/as nenos/as, unidade onde se presta o servizo, horario e servizos a prestar)
- Ampliación das pólizas de seguros, co fin de dar cobertura aos novos usuarios do servizo.
- Plano do local, co fin de determinar a superficie da unidade (de 2m2 por neno/a cun mínimo 30m2 e a súa situación dentro do centro).
- Relación detallada do persoal que preste o servizo complementario con indicación da súa titulación, dedicación horaria e adscrición de funcións (non poderá realizar outras funcións ao mesmo tempo na escola infantil) e deberá acreditar titulación en:
- Licenciado en pedagoxía ou psicopedagoxía
- Mestre especialista en educación infantil ou equivalente
- Técnico especialista en educación infantil ou equivalente
En todo caso, deberase contar cunha persoa como persoal de apoio. A titulación deberá ser ou ben, similar á antes mencionada ou: técnico en atención sociosanitaria, técnico superior en animación socio-cultural, técnicos en coidados auxiliares de enfermería, diplomado/a en puericultura recoñecido pola Consellería de Sanidade ou aquelas outras recoñecidas como apropiadas polo órgano competente para a autorización de centros
b) SERVIZO COMPLEMENTARIO DE COMEDOR: consiste na alimentación, atención e coidado de nenos/as entre 0 e 12 anos durante o tempo desta prestación. Ten como finalidade apoiar os pais, titores ou gardadores de feito cando concorran circunstancias que o fagan necesario, especialmente aquelas vinculadas á conciliación da vida familiar e laboral.
O servizo incluirá en todo caso o xantar e opcionalmente o almorzo, a merenda e a cea. Pódese prestar en PAIS, escolas infantis e espazos infantis.
- Modelo normalizado de solicitude.
- Memoria explicativa da prestación do servizo na que indicará o número de prazas, idades dos nenos/as aos que se dirixe, horario, indicación do espazo no que realizarase o servizo, equipamento mobiliario, menús realizados por experto en nutrición ou profesional médico, servizos a prestar, indicación de se o servizo vai a prestarse de xeito directo ou mediante empresa externa (restaurante, catering, etc.). Neste último suposto deberá achegarse o contrato suscrito coa empresa, a autorización dela de sanidade para a prestación deste servizo.
- Presentarase a programación do servizo: organización do servizo, organización do persoal, sistema de comidas.Modificación do regulamento de réxime interior contemplando este servizo cos prezos a cobrar.
- Respecto ao persoal, acreditarase ter un/ha cociñeiro/a cando o servizo sexa propio (con carné de manipulador/a de alimentos), persoal de atención no comedor (segundo a ratio correspondente) e en todo caso, un encargado de comedor.
- Documento acreditativo de ter subscrita unha póliza de seguro de responsabilidade civil ilimitada.
- Se o servizo se presta a nenos de 0-3 anos deberá contar cunha sala diferenciada, que poderá ser a sala de usos múltiples.
c) SERVIZO NOCTURNO: servizo de atención e coidados non continuados dirixidos a nenos/as de 0-8 anos e prestado en escolas infantís 0-3 ou PAI en horario nocturno, entendendo como tal o comprendido entre as 22.00 horas e as 8.00 horas como máximo.
Documentación a presentar
- Modelo normalizado de solicitude.
- Documento acreditativo de ter subscrito unha póliza de seguros de responsabilidade civil ilimitada.
- Deberá ter unha sala específica para a prestación do servizo.
- O persoal que preste este servizo deberá posuír como mínimo unha titulación similar á esixida ao persoal de atención ou apoio das escolas infantís, ou ter algún curso de especialización na materia (mínimo 300 horas).
- Plano do local co fin de determinar a superficie da sala (de 3m2 por neno/a cun mínimo 20m2 e a súa situación dentro do centro). A sala-dormitorio deberá ter un aseo propio incorporado con lavabo, ducha e inodoro adaptado á idade dos usuarios
- Memoria explicativa da prestación do servizo na que indicará o número de prazas, idades dos nenos/as aos que se dirixe, horario, indicación do espazo no que realizarase o servizo, equipamento mobiliario.
- Presentarase a programación do servizo: organización do servizo, organización do persoal, sistema de comidas.Modificación do regulamento de réxime interior contemplando este servizo cos prezos a cobrar.