Denegación da inscrición

A denegación da inscrición dunha entidade producirase, de forma motivada, por algunha das seguintes causas:

a) A falta de acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e/ou da súa representación, ou pola ausencia do consentimento expreso para a súa comprobación por medios telemáticos.

b) A ausencia de personalidade xurídica da entidade de conformidade co disposto no ordenamento xurídico que lle resulte de aplicación.

c) Que os servizos e actividades a desenvolver pola entidade non sexan cualificados como específicos de servizos sociais, de conformidade co disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.