Creación ou construcción de centros

Para os efectos do decreto 254/2011 do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia entenderase por creación ou construción de centros:

a) A edificación de nova planta de inmobles ou establecementos destinados a albergar algún dos centros de servizos sociais regulamentariamente tipificados.

b) Aquelas reformas que pola súa natureza signifiquen un cambio do destino actual do inmoble co fin de adecuarse ás condicións requiridas para cada tipo de centro de servizos sociais pola normativa vixente que resulte de aplicación en cada caso.

¿QUEN DEBE SOLICITALA?
O réxime de autorización e os procedementos para a súa concesión resultan aplicables a todas as entidades prestadoras de servizos sociais, tanto públicas como privadas.
O réxime de autorización previa, esixirase a todos aqueles servizos, centros /ou programas de servizos sociais de acordo co presente decreto e a normativa específica que os defina e regule.

FINALIDADE
A autorización de creación/construcción de centros ten por finalidade a adecuación do proxecto técnico de construcción ou reforma do inmoble á normativa específica que lle resulta aplicable, segundo a tipoloxía do centro que se pretenda crear, os servizos a prestar e as persoas destinatarias do mesmo.

¿CÓMO SOLICITALA?
O procedemento para a obtención da autorización de creación ou construción de centros iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro da correspondente solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, acompañada da seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa na que se faga constar os dereitos sobre a parcela e/ou inmoble, a súa localización, a descrición do centro, a súa tipoloxía, as persoas destinatarias e unha estimación sobre o número de prazas previsto.
  2. Documentación técnica do proxecto, en soporte papel e informático, co alcance e definición requirida polo Código Técnico da Edificación para os proxectos de execución, asinada por técnico/a competente.
  3. Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de creación/construción de centros ou programas de servizos sociais esixidas na normativa vixente.
  4. No caso de que se trate de centros ou programas promovidos por concellos, mancomunidades ou deputacións provinciais, tamén deberán achegar:
    - Plan de viabilidade económica, con informe favorable da persoa que exerza a intervención da entidade local, no que se garantice a sostenibilidade financieira das novas actividades económicas, respetando en todo caso o principio de eficiencia e o resto dos requirimentos da lexislación de estabilidade presupuestaria e sostenibilidade financieira.

Unha vez presentada a documentación, emitirase un informe técnico sobre a adecuación do proxecto ao cumprimento dos requisitos esixidos na norma específica de aplicación.

 No caso de que sexa necesario, poderase requirir ao interesado as emendas necesarias no prazo máximo dun mes dende a súa comunicación. A non emenda no prazo indicado suporá a denegación da autorización solicitada.

De estimarse que a documentación técnica remitida non se presenta co nivel de definición requirido ou é insuficiente para acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos na lexislación sectorial, poderase emitir un informe técnico sobre a viabilidade do proxecto, con carácter informativo e non vinculante, e que non presuporá a concesión da autorización.

A concesión desta autorización non exime á entidade titular de solicitar a autorización de inicio de actividade unha vez rematada a obra.