Cesamento de actividades

As autorizacións de cesamento de actividades garanten que a interrupción ou cese de actividades se leve a cabo respectando os dereitos das persoas usuarias.

Para o cesamento das actividades dun centro ou programa, tanto temporal como definitivo, xa sexa parcial ou total, será preceptiva a obtención da correspondente autorización. Enténdese:

  1. Por cesamento temporal e parcial, a interrupción durante un prazo determinado da prestación dalgún dos servizos nun centro ou programa autorizado.
  2. Por cesamento temporal e total, a interrupción de todas as prestacións durante un período determinado que non respondan a condicións de funcionamento normais e propias da tipoloxía do centro ou programa.
  3. Por cesamento definitivo e parcial, a interrupción dalgún dos servizos de forma permanente mentres continúan prestándose outros.
  4. Por cesamento definitivo e total, a finalización das actividades do centro ou programa autorizado

¿CÓMO SOLICITALA?
A autorización de cesamento solicitarase cun mínimo de tres meses de antelación en relación coa data prevista para o cesamento. O procedemento para a obtención da autorización de cesamento dun centro ou programa iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa, da correspondente da solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, xunto coa seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa dos servizos nos que se pretende cesar as actividades, as causas do cesamento, o calendario e fases nos que se vai realizar e explicando se se trata dun cesamento  temporal ou definitivo e se afecta á totalidade ou unicamente a parte das instalacións, actividades ou dos servizos.
  2. Certificación asinada polo/a representante legal da entidade sobre o financiamento público obtido para a posta en marcha ou mantemento do servizo.
  3. Acreditación do estado, situación e destino previsto para as persoas usuarias do servizo.

Non procederá a concesión da autorización de cesamento en tanto non se acredite o traslado da totalidade das persoas usuarias a outros centros ou servizos.