Centros, programas e servizos sociais que precisan autorización previa
O réxime de autorización e os procedementos para a súa concesión resultan aplicables a todas as entidades prestadoras de servizos sociais, tanto públicas como privadas.
A normativa específica que desenvolva o catálogo de servizos sociais, de acordo co establecido no artigo 18.5 da Lei 13/2008, definirá e regulará os centros, programas e servizos que, por razóns de interese público motivadas na protección das persoas destinatarias e/ou no cumprimento dos obxectivos da política social, deban someterse á autorización administrativa previa da consellería competente en materia de servizos sociais.
En tanto non se desenvolva o antedito catálogo, requirirase a autorización administrativa previa de creación ou construción, modificación substancial, inicio de actividade e cesamento de actividades aos seguintes centros, programas e servizos:
Normativa reguladora (prema en cada una das tipoloxías para acceder á normativa reguladora)
- centros para persoas maiores
- centros para persoas con discapacidade
- centros de atención á infancia
- programas e centros de menores
- familia:
- Igualdade:
- inclusión
- centros de inclusión
- programa de axuda no fogar
- teleasistencia