Cancelación da inscrición

A cancelación da inscrición da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais producirase no caso de darse algunha das seguintes circunstancias:

  • Extinción da personalidade xurídica da entidade
  • Disolución da entidade
  • Cese das súas actividades na Comunidade Autónoma

¿CANDO DEBE SOLICITALA?
Con carácter xeral, cando se produza algunha das circunstancia que motivan a cancelación.

¿CÓMO SOLICITALA?
O procedemento iniciase coa presentación, por parte do titular ou representante legal da entidade, da solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia acompañada da seguinte documentación:

  • Memoria das causas do cesamento, a data prevista para levala a cabo.
  • Relación do financiamento público recibido
  • Xustificación sobre o destino das persoas que eran usuarias do servizo ou da derivación a outros servizos de similares características

A cancelación da inscrición da entidade non impedirá que se inste de novo a súa inscrición no Rexistro Único de Entidades  Prestadoras  de Servizos Sociais.

PRAZOS DO PROCEDEMENTO

-Prazo de resolución da solicitude: 3 meses
-Sentido do silencio: negativo. Unha vez transcurrido este prazo, sen que se resolva expresamente a solicitude, esta entenderase desestimada