Cambio de titularidade de centros ou programas autorizados

O  cambio de titularidade dos centros e/ou programas poderase instar por calqueira das partes, sempre que se achegue, ademais da solicitude normalizada ante a subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a seguinte documentación:

a) A copia do documento público que formalice o cambio de titularidade do centro ou programa do que se trate.

No caso de que o cambio de titularidade conste en documento privado solicitarase acta notarial ou ben testimonio notarial sobre o mesmo con lexitimación das sinaturas que nel constan. O dito documento deberá facer referencia ó compromiso contemplado no apartado b.

No documento que fundamente o cambio de titular farase constar a capacidade e/ou representación das partes e sua sinatura, a data exacta na que se vai facer efectivo o cambio de titular, farase unha mención expresa ao dereito polo que se dispón do inmoble onde se desenvolven as actividades (no caso dos centros) e a asunción por cada unha das partes das posibles responsabilidades e sancións que poidan derivarse da xestión do centro ou programa do que se trate.

b) Compromiso do/a representante da nova entidade sobre o mantemento das condicións do servizo ás persoas usuarias que o contrataron con anterioridade ao cambio de titularidade, ou ben do acordo subscrito con todas elas sobre a súa alteración.

c) As novas normas de funcionamento para proceder ao seu visado, a relación do persoal asignado ao servizo, a copia das pólizas de seguros obrigatorias e dos permisos ou licenzas que foran esixibles.

A resolucion que acorde a inscricion do cambio de titularidade no rexistro terá efectos frente a terceiros  dende a data no que se produciu efectivamente.