Cambios de entidades xestoras de centros e/ou programas autorizados

Comunicaranse a administración os cambios que se produzan nas entidades que xestionen os centros e/ou programas de servizos sociais autorizados e inscritos no rexistro.

A dita comunicación pode realizarse pola entidade titular ou pola entidade xestora, sempre que se achegue o documento que a xustifique (contrato de xestión de servizos públicos, cesións, alugueres de empresa etc..).

A anotación da entidade xestora no rexistro terá efectos dende a data na qu efectivamente se produciu o cambio.

No caso de que se trate dunha unión temporal de empresas (en adiante UTEs), anotaranse como xestora á UTE durante o tempo que dure o contrato de xestión. Para elo cada una das empresas que a forman deberán estar inscritas con carácter previo no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.