Axúdenos a mellorar

Colabora con nós.
  • Formas de colaboración.
    Os cidadáns poden participar no servizos a través da enquisa para a mellora dos servizos que está a disposición das persoas usuarias dos servizos da unidades administrativa na sede da Subdirección xeral de Inspección e Autorización de Servizos Sociais
  • Sistemas  de suxestións, queixas e reclamacións.
    As persoas usuarias dos servizos obxecto desta Carta de Servizos poden presentar queixas e suxerencias mediante escrito dirixido á Subdirección xeral de Inspección e Autorización de Servizos Sociais ou ben mediante correo electrónico ao enderezo: inspección.ssociais@xunta.es. No prazo non superior a dez días hábiles dende a súa recepción na Subdirección xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, recibirá a axeitada contestación por parte da unidade.
    Tamén poden presentar suxestións e queixas sobre o funcionamento dos servizos de acordo cos artigos 25 a 29 do Decreto 164/2005, do 10 de xuño, sobre o sistema de queixas e suxestións do cidadán. Estas presentaranse por escrito, por correo postal ou por correo electrónico dirixido á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, poderanse presentar en calquera dos rexistros da Administración da Xunta de Galicia e demais admitidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.