Servizo complementario de asistente persoal

Definición:

O servizo complementario de asistente persoal poderán realizalo todas aquelas entidades que dispoñan dun programa de axuda no fogar autorizado. Este é un servizo de atención a persoas en situación de gran dependencia ou dependencia severa de 16 ou máis anos, no que se facilita, o desenvolvemento de actividades da vida diaria, laborais e/ou educativas e propiciar a participación na vida social e eonómica da persoa beneficiaria. As citadas actividades poden ter lugar, indistintamente, dentro ou fóra do domicilio habitual da persoa beneficiaria.

Os servizos estarán dirixidos a facilitar o apoio persoal, a inclusión social e/ou educativa, así como a promoción e a participación das persoas dependentes.

Este servizo incluirá, alomenos, as seguintes prestacións:
a) Atención persoal (apoio á hixiene persoal, a alimentación, a mobilidade e ao coidado da saúde, entre outros).  Asistencia nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
b) Apoio á organización, á limpeza e a orde do fogar. Asistencia nas actividades básicas da vida diaria.
c) Acompañamento e apoio en xestións persoais fóra do fogar. Asistencia en xestións administrativas ou doutra natureza fóra do domicilio.
d) Acompañamento e apoio nas actividades laborais, ocupacionais, educativas e/ou de participación social e económica.Asistencia en actividades de participación social, educativa, laboral ou de ocio.
Así mesmo, infórmase que a instalación de referencia deberá ser accesible aos usuarios deste programa.
Documentación a presentar:

Modelo normalizado de solicitude de autorización de inicio de actividades de servizo complementario.

  1. Proxecto de normas de funcionamento do servizo.
  2. Modelo de contrato a asinar coas persoas usuarias e o réxime de prezos ou tarifas do novo servizo.
  3. Relación de persoal asignado ao servizo con indicación da súa titulación. Os/as asistentes persoais disporán da cualificación de atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio ou o certificado de profesionalidade correspondente.
  4. Xustificante da ampliación da póliza de responsabilidade civil de xeito que ampare as actividades desenvolvidas no servizo de asistente persoal.
  5. Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de inicio de actividade de servizo complementario nos centros ou programas de servizos sociais esixidas na normativa vixente.