Asesoramento na creación de centros

Trátase da posibilidade que se ofrece ás entidades que conten cun proxecto técnico para a creación dun centro de servizos sociais, de obter un informe previo emitido polo servizo de Proxecto e Obras da Consellería sobre o cumprimento da normativa vixente que lle sexa aplicable de acordo coa súa tipoloxía.
O ditame é gratuito, terá carácter informativo e non vinculante e realizarase en función dos datos facilitados.

¿CÓMO SOLICITALO?
As entidades interesadas neste estudo, presentarán unha solicitude (non existe modelo normalizado) acompañada da seguinte documentación:

  • Memoria explicativa da ubicación, do tipo de centro que se pretende crear, do tipoloxía ou perfil dos usuarios aos que se dirixe, do programa a desenvolver nas instalacions, dos servizos que se pretenden prestar e unha estimacion sobre a capacidade do centro ou número de prazas.
  • Como mínimo, plano a escala con distribución de usos e espazos (en todo caso, a documentación técnica deberá achegarse en soporte papel e en soporte informático ou dixital)

¿DÓNDE SOLICITALO?
As solicitudes poden dirixirse directamente ao Servizo de Proxectos e Obras ou ben, a través da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social (e-mail: inspeccion.ssociais@xunta.es)

MODELOS PARA A CREACIÓN DE CENTROS

Se precisan máis información poden dirixirse á Subdirección xeral de Inspección e Autorización de Servizos Sociais s ou contactar telefonicamente nos números: 981 957 696 ou 981 957681.

Criterios técnicos para a creación de centros de infancia Descargar pdf