Cómo anotar no RUEPSS os servizos de prevención e promoción?

A Xunta de Galicia aprobará proximamente o Decreto pola que se define a carteira de servizos de promoción da autonomía e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no seu custo. Neste senso, para facilitar a localización e clasificación daqueles servizos que aínda non están recollidos no RUEPSS e que se refiren fundamentalmente aos servizos de prevención da dependencia e promoción da autonomía, é necesario dispoñer de información sobre aquelas entidades inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais que xa os desenvolven.

A este efecto deberán achegar datos sobre os enderezos nos que os prestan, sobre os profesionais asignados, etc..., todo isto, de conformidade coa descrición do servizo, a intensidade e os perfís profesionais establecidos no documento de carteira de servizos de promoción da autonomía persoal e en atención á dependencia.