Autorización de inicio de Servizos Complementarios

Considéranse servizos complementarios aqueles servizos  cuxa posta en marcha está suxeita a autorización de inicio de actividades de servizos complementarios,  de conformidade co disposto na normativa específica que os regule.

Estes servizos se desenvolven dende as instalacións ou utilizando  parte das instalacións doutro  centro ou programa xa  autorizado.

FINALIDADE
A autorización de inicio de actividade de servizos complementarios ten por finalidade comprobar a adecuación das instalacións, a súa compatibilidade co uso principal e que dispoñen das condicións e requisitos definidos na normativa sectorial que os regula.

¿CÓMO SOLICITALA?
O procedemento para a obtención da autorización de inicio de actividades dun servizo complementario nas instalacións dun centro ou nun programa autorizado previamente iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa, da correspondente solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, acompañada da seguinte documentación:

  1. No caso de que requira a adaptación das instalacións, mediante algunha obra de ampliación ou reforma, remitirase a documentación técnica necesaria para emitir o preceptivo informe técnico sobre a adecuación da mesma aos requisitos esixidos na normativa correspondente ao servizo complementario do que se trate.
  2. Proxecto de normas de funcionamento e, no seu caso, modelo do contrato a asinar coas persoas usuarias e réxime de prezos ou tarifas do novo servizo.
  3. Relación de persoal asignado ao servizo, xustificante da ampliación das correspondentes pólizas de seguros e da concesión da licenza municipal ou da súa solicitude, cando proceda.
  4. Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de inicio de actividade de servizo complementario nos centros ou programas de servizos sociais esixidas na normativa vixente.
  5. Toda aqueloutra documentación esixida pola normativa específica que lle resulte de aplicación ao centro, programa ou servizo concreto.