Agrupación de nenos/as e redistribución de unidades temporal en escolas infantís 0-3

¿CÓMO SOLICITALA?

O procedemento para a obtención da autorización de modificación substancial do centro iniciarase coa presentación pola/o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro da correspondente  solicitude normalizada dirixida á subdirección xeral de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, acompañada da seguinte documentación:

  1. Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular do centro no que se acredite:

    1. Tipo de agrupación/redistribución solicitada e tramos de idade.
    2. Aula/s na/s que se vai a realizar a agrupación/redistribución.
    3. Período para o cal se solicita a agrupación/redistribución.
    4. Motivo da solicitude da agrupación/redistribución.
    5. Que a/s aula/s nas que se vai a levar a cabo a devandita agrupación/redistribución conta/n coas características e co equipamento preciso de hixiene e descanso para atender a nenos/as comprendidos no rango de idade ao que se destina cada unha das aulas.6. Compromiso de que os anteditos requisitos  manteranse durante o período de tempo inherente á agrupación/redistribución solicitada.
  2. Plano de superficie da planta da escola infantil onde se ubica a/s aula/s para a cal se solicita a agrupación/redistribución.